Artur(o) en VISUAL
A revista de deseño gráfico Visual escribe no seu último número sobre o noso pito.
El ilustrador Marc Taeger y Oli (pseudónimo de Xosé Manuel González) firman “Arturo”, estupendo libro infantil publicado por Faktoría K. Este libro retoma la tradición clásica de los cuentos para niños y apuesta por las ilustraciones contundentes y los textos concisos para construír una historia sencilla, hermosa y muy cautivadora. “Arturo” se aleja completamente de la tendencia estética y narrativa de los últimos tiempos, que en ocasiones resultaba excesivamente pretenciosa tanto estética como conceptualmente, siendo el resultado un libro de esos que los niños pedirán que se les lea una y otra vez hasta el agotamiento.
Compartindo soños no CEIP A Rúa
O pasado día 19 de xaneiro estiven no CEIP A Rúa respondendo a unha invitación do profesorado de educación infantil e 1º ciclo de primaria para facer as presentacións de Artur. Sempre me gusta volver ao colexio de A Rúa porque sinto que volvo a un sitio familiar.
Ante as olladas atentas e os ollos abertos dos pequenos pasaron o pito Artur, O pirata Pata de Lata e unha chea de damas atrevidas e viaxeiras. Ao remate quedamos un anaquiño máis para asinar os libros que traían os lectores.
Agradezo a invitación e o cariño con que todos me trataron. Ah… e tamén o retrato que un alumno, que daquela estaba en infantil de 3 anos, me fixera a última que estiven no colexio, hai xustamente tres anos.
Grazas a todos.
Artur por Valencia
Probablemente, Artur vaia por Valencia a finais de febreiro. Falta concretar onde terá lugar o encontro-presentación deste pito viaxeiro que xa leva percorridos unha chea de kilómetros sendo novo como é. Publicarei con tempo o lugar no que o noso pito se vai atopar cos vellos lectores e procurará outros novos.
Artur continuará
Como xa comentara nalgunha entrevista, Artur vai ter continuación. Está prcticamente rematada e as críticas dos lectores de confianza parecen ser boas. Agora agardaremos máis opinións e críticas construtivas que lle dean a forma definitiva a este segundo proxecto que anda na procura de título.
Artur entre os escollidos
A páxina Fervenzas Literarias acaba de publicar o listado dos mellores do ano 2011 a criterio dos seus lectores. Artur foi seleccionado como o terceiro mellor libro infantil.
Reseña de Artur en maslladelparque.com
Este páxina web coñecida como masalladelparque fai unha reseña gabando a Arturo. A entrada titúlase “Colorín, colorado este cuento nos ha… cautivado”. Grazas pola
Artur en Rede Lectura
Rede Lectura publicou un texto no seu blog sobre Artur. Sinto non poder poñer o enlace directo coa entrada, pero un erro da redacción de RL non puxo título á entrada e non podo copiar o enlace. Así que copio e pego o texto tal e como o redactaron:
Comeza Factoría K cunha colección de libros duros para prelectores e primeiros lectores. Libros con cantos redondeados, de doado uso nas mans dos máis pequenos da casa; cartón a proba de dediños gordechos e pouco mañosos.
ARTUR cunhas magníficas ilustracións de Marc Taeger que acompañan a historia do pequeno pito na aventura do nacemento e primeiras experiencias. Cuns trazos mínimos pero de gran expresividade vainos mostrando o pito dentro do ovo e os esforzos por rachar a casca e saír dun habitáculo que xa lle resulta incómodo, a sorpresa ante a grandeza do mundo e a súa frialdade, o descubrimento da soedade e a saudade. Tamén descubriu que o que, ás veces, nos dá medo pode acabar resultando moi grato, como ese primeiro sono nas alas de mamá galiña. Uns marabillosos resultados, tamén no deseño da páxina e na súa ocupación, nos pequenos textos e esquemáticos debuxos de fortes cores sobre fondo branco. Só nos preguntamos se terá continuidade…
Tanto Oli, autor de historias como Once damas atrevidas e O pirata pata de lata, como Marc Taeger ilustrador de A verdadeira historia de Carapuchiña, Aquiles o puntito, Tic – tac e Garavanciño, son creadores moi recoñecidos polo lectorado infantil e mediadores.
XVII encontros luso-galacio franceses en Porto
O pasado sábado Ramón Trigo e máis eu partillamos a nosa experiencia como creadores de álbumes ilustrados neste encontro que se celebra todos os anos. A nosa intervención centrouse en definir o traballo de cada un dos autores do libro, as fontes nas que se orixinou, a aparición do personaxe e as decisións sobre as características e as técnicas da ilustración.
Compartimos mesa coa ilustradora portuguesa Manuela Bacelar que falou do seu traballo con paixón, da súa relación con certas tendencias culturais do Portugal do século XX.
O momento das signaturas de libros descubriron os intereses dalgunhas das asistentes, estudiosas da ilustración infantil, dos álbumes ilustrados… coas que intercambiamos opinións. Interesante o encontro con Inês Oliveira, á que recomendo seguir (Finalista nos CJ Awards).
Ana Cristina Vasconcelos da ESE de Porto deunos a nova de que O pirata Pata de Lata sería obxecto de estudo nos cursos de mestrado este ano.
Falando de álbumes en Porto
O vindeiro sábado Ramón Trigo e eu estaremos nos XVII Encontros Luso-galaico-franceses de literatura infantil que se celebran na Escola Superior de Educaçâo para falar sobre a construción dun álbum ilustrado. Espero que o que poidamos contar sexa de interese para os asistentes.
O papel do autor literario en relación co traballo do ilustrador e viceversa, o xeito en que un se aproxima ao álbum ilustrado, a decisión sobre os destinatarios, a presenza do álbum ilustrado… serán algúns dos aspectos que tentaremos tocar no espazo da hora e cuarto que durará a nosa intervención.
Presentación en “El Dragón lector”
O pasado sábado, un bo feixe de pequenos lectores acudiron á librería El dragón lector para coñecer a Arturo. Á chamada dunha libreira con oficio e adicación acudiron moitos pequenos acompañados dos seus pais e seguiron con atención a transformación de Artur, desde un ovo común a outro cheo de forma e cores para que nos resultase máis atractivo. Pero Arturo non acudiu só, tamén estiveron O pirata Pata de Lata e Once damas atrevidas que foron pola escala de números arriba e abaixo.
Pero non só acudiron nenos, estaban espectadores adultos coñecidos, e espectadores que seguiron os primeiros pasos de Arturo desde a calor do seu propio ovo. Alegroume coñecer a Graciela Pelegrín, irmá da moi admirada Ana pelegrín, e á que non tiña o gusto de coñecer. Espero volver a atoparme con outros lectores que non puideron acudir na Feria del libro a partir da última fin de semana de maio.
This slideshow requires JavaScript.





