Unha fermosa mañá cos pequenos lectores
Na Librería Rayuela, e cunha excelente presenza de lectores e de mamás e papás de lectores, fixemos as presentacións d’O pirata Pata de Lata e das Once damas atrevidas aos lectores que acoden á chamada da Librería Rayuela para atoparse cos seus autores ou cos seus personaxes favoritos.
Alí tiven a oportunidade de coñecer a timidez de César, que estaba co seu primo. Tamén de Julia, que salvou a función cando me esquecía dunha dama. Coñecer a todos estes pequenos lectores sevillanos foi un pracer, tanto como estar compartindo un momento cos amigos e amigas da Librería Rayuela no seu espacio para os pequenos. Seguro que nos volvemos a ver porque Sevilla é unha cidade maravillosa e quen vai a Sevilla perde a silla, pero coñece unha maravilla.
Publicado o 15 15Europe/Madrid Novembro 15Europe/Madrid 2010, en Actos. Marcar a ligazón permanente. 1 comentario.





Pingback: Blog K» Archivo del Blog » PATA DE LATA & OLI, EN SEVILLA