Xa está nas librerías
Xa podedes follear nas librerías o último libro, que comparto co ilustrador Marc Taeger. Batín con el de xeito inesperado no trinque dunha librería. Creo que non estaba preparado para aceptar que o libro xa é dos lectores, aínda tiña interiorizado que formaba parte do ámbito doméstico dos creadores, editores e amigos, pero xa non é así. Sucedeume pasando por diante de “El pozo de los tres deseos” e pouco despois, no trinque da Librería Viláfer atopei con tres exemplares. Hai unhas horas foron os amigos da Librería Abrente que o publicaron na súa páxina oficial e hai uns minutos a Libraría O Pontillón en Moaña.
A pena é que non temos feira do libro en Cangas, que era onde pensaramos facer a presentación oficial, pero traballaremos para facelo durante as próximas semanas en Cangas, Bueu e Moaña. Por certo, non esquezades, que o día 8 de agosto temos a presentación na feira de Coruña. Pero non perdades ocasión, podedes mercalo nun fato de linguas diferentes, non hai desculpas para non lelo.
Ánimo e á librería!
A por el!
Publicado o 27 27Europe/Madrid Xullo 27Europe/Madrid 2011, en Novos libros coas etiquetas Libros. Marcar a ligazón permanente. 1 comentario.



Pingback: Blog K» Archivo del Blog » ACTIVIDADES NA 40ª FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA