Presentación de Artur na Coruña

Onte, 8 de agosto, Marc Taeger e máis eu tivemos a ocasión de presentar a Artur por primeira vez. Foi na Coruña cun magnífico día de sol cun chisco de aire do norte.

A introdución correu a cargo de Paz Castro, encargada de prensa de Faktoría K e Kalandraka, que soubo sacar de nós o que nós non soubemos contar.

Aquí deixo unhas fotos para dar fé de que estivemos alí.

A próxima presentación terá lugar en Cangas, no Salasón, un local que está facendo unha estupenda programación musical e de exposicións.

Acerca de xosemgonzalez

Nacín en Cangas a finais de 1960, puxéronme Xosé Manuel aínda que os meus libros van asinados como OLI, pero o meu nome completo é Xosé Manuel González. Traductor, editor, director de coleccións infantís, amante do cine, do fútbol e da música, pero sobre todo da lectura.

Publicado o 9 de Agosto de 2011, en Actos, Novos libros coas etiquetas , . Marcar a ligazón permanente. 1 comentario.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 39 segidores